saltar ao contido

Acordo da Comisión 4.ª, Educación e Cultura, celebrada o día 14 de decembro de 2017

A Comisión 4.ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 14 de decembro de 2017, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 20986 (10/PNC-001716)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Gil, César Manuel e 7 máis
Sobre a planificación e programación pola Xunta de Galicia das iniciativas precisas para a celebración no ano 2018 do Ano Europeo do Patrimonio Cultural. (Procedemento de urxencia)
BOPG n.º 222, do 04.12.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7  votos a favor, 0  votos en contra e 5  abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a planificar e programar as iniciativas precisas  para  celebrar  o  Ano  Europeo  do  Patrimonio  Cultural  en  2018,  mediante accións que permitan promover o debate e sensibilizar a sociedade galega arredor da importancia e valor do patrimonio cultural galego; e transmitir os valores da diversidade e do diálogo intercultural”.
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina