Xornada de formación sobre técnica parlamentaria para xornalistas
Luns, 31 de xaneiro de 2011
De 11,30 a 14,00 horas (aprox.)
Sala Azul do Parlamento de Galicia
Orientada a xornalistas que cubren información parlamentaria, persoal dos gabinetes de comunicación dos grupos parlamentarios e da Administración autonómica.
Impartida por:
• Xosé Antón Sarmiento, letrado oficial maior do Parlamento de Galicia
• Carmen Moreiras Plaza, técnico de xestión de documentación do Parlamento de Galicia
Obxectivos:
• Ofrecer formación e información práctica orientada a mellorar a comprensibilidade dos diferentes traballos que se desenvolven na Cámara lexislativa galega, abordando aspectos como:
o Procedementos lexislativos.
o Procedementos de control e impulso da acción de Goberno. Definición e finalidades. Trámites e prazos.
o Ferramentas web para o acceso a documentos, expedientes, preguntas parlamentarias e vídeos.
o Dúbidas que se suscitan con frecuencia en relación cos diferentes trámites e procedementos parlamentarios.
Formalización de inscricións:
A xornada é gratuita.
Os participantes que o soliciten recibirán un certificado acreditativo.