saltar ao contido

Acordo da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 4 de decembro de 2020

A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 4 de decembro de 2020, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 

- 4127 (11/PNC-000483)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e 3 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego e a demanda que debe realizar ao Goberno central en relación coa transferencia á Xunta de Galicia das competencias para a xestión dos centros do Instituto Español de Oceanografía en Galicia
BOPG n.º 40, do 04.11.2020
 
Sométese a votación a transacción coa emenda do G. P. Popular de Galicia doc. núm. 6142 e resulta aprobada pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta o goberno da Xunta de Galicia a:
 
Emprender de xeito inmediato a comunicación e as xestións precisas co goberno do Estado para iniciar o procedemento para o traspaso de competencias -previo saneamento e reartellamento organizativo do IEO- da totalidade da xestión económico administrativa dos centros do Instituto Español de Oceanografía en Galicia para que pasen a formar parte da estrutura da propia Xunta.
 
Instar o Ministerio de Asuntos Económicos a que, mentres non se dea traslado ás competencias plenas, se inicie un proceso de colaboración entre a Xunta de Galicia e os centros e as infraestruturas do IEO, nomeadamente para os centros e infraestruturas con sede en Galicia, na cidade da Coruña e na cidade de Vigo, para seren xestionados segundo as necesidades do sector marítimo-pesqueiro galego e da administración autonómica, e sempre en colaboración coas restantes CCAA e entidades e organismos investigadores internacionais.”

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina