saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 26 de xaneiro de 2021 (Ordinario)

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 26 de xaneiro de 2021, ao remate da sesión plenaria orzamentaria, no pazo do Parlamento.

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 19 de xaneiro de 2021, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Textos Lexislativos
 

1.1 Debate e votación do ditame, emitido pola Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, sobre o Proxecto de lei de medidas fiscais e administrativas (doc. núm. 5734, 11/PL-00008)
 Publicación do ditame da comisión, BOPG n.º 78, do 19.01.2021
 Publicación de emendas e votos particulares, BOPG n.º 78, do 19.01.2021
 
1.2 Debate e votación do ditame, emitido pola Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, sobre o Proxecto de lei de impulso demográfico de Galicia (doc. núm. 2624, 11/PL-000003)
 Publicación do ditame da comisión, BOPG n.º 78, do 19.01.2021
Publicación de emendas e votos particulares, BOPG n.º 78, do 19.01.2021

 
1.3 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. Popular de Galicia, de recuperación da Terra Agraria de Galicia (doc. núm. 7565, 11/PPL-000003)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 75, do 13.01.2021
 
 
Punto 2. Comparecencia
 
2.1 7586 (11/CPP-000036)
 Do Sr. presidente da Xunta de Galicia, por petición do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, para informar sobre as medidas que se van adoptar para frear a terceira onda da covid-19, o plan de vacinación e as medidas para compensar os sectores económicos máis afectados pola pandemia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 75, do 13.01.2021
 

Punto 3. Mocións
 

3.1 6839 (11/MOC-000019)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Castro García, Daniel
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas porcentaxes de expansión da banda larga (Moción a consecuencia da Interpelación núm. 1937, publicada no BOPG núm. 19, do 22.9.2020, e debatida na sesión plenaria do 23 de decembro de 2020)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 76, do 14.01.2021
 
3.2 6845 (11/MOC-000020)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Ríos Santomé, Paulo
 Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia en relación coa situación laboral da mocidade (Moción a consecuencia da Interpelación núm. 4241, publicada no BOPG núm. 40, do 4.11.2020 e debatida na sesión plenaria do 23 de decembro de 2020)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 76, do 14.01.2021
 
3.3 6914 (11/MOC-000021)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Seco García, Martín
 Sobre a política do Goberno galego en relación coas negociacións entre promotores eólicos e os propietarios dos terreos (Moción a consecuencia da Interpelación núm. 3694, publicada no BOPG núm. 33, 21.10.2020, e debatida na sesión plenaria do 23 de decembro de 2020)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 76, do 14.01.2021
 

Punto 4. Proposicións non de lei
 

4.1 1280 (11/PNP-000113)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 3 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co investimento da Xunta de Galicia en I+D+i e as condicións laborais do persoal investigador
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 36, do 28.10.2020
 
4.2 4024 (11/PNP-000448)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Francisco Rivera, Juan Carlos e 3 máis
 Sobre o establecemento polo Goberno galego de axudas directas para o sector dos autónomos e pemes ligadas directamente ao sector da hostalaría
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 36, do 28.10.2020
 
4.3 4867 (11/PNP-000554)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 2 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co aumento do nivel de mortalidade e morbilidade en Galicia desde o inicio da pandemia da covid-19
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 44, do 11.11.2020
 
4.4 6202 (11/PNP-000717)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa autonomía financeira e a capacidade normativa en materia tributaria de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 63, do 16.12.2020
 
4.5 6466 (11/PNP-000738)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Ortega Otero, Marina e Torrado Quintela, Julio
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa achega da Administración autonómica ao Servizo de Axuda no Fogar ordinario, así como co copagamento das persoas usuarias
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 67, do 23.12.2020
 
4.6 7581 (11/PNP-000805)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rey Varela, José Manuel e 6 máis
 Sobre as actuacións da Xunta de Galicia relativas ao pazo de Meirás e a súa cesión e xestión
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 75, do 13.01.2021
 

Punto 5. Interpelacións
 

5.1 4718 (11/INT-000316)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 González Iglesias, María do Carme e 2 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación co impacto da covid-19 no sector da hostalaría
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 44, do 11.11.2020
 
5.2 7367 (11/INT-000462)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina
 Sobre a intensificación da campaña de vacinación para a covid-19
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 73, do 11.01.2021
 
5.3 7388 (11/INT-000465)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 2 máis
 Sobre os integrantes, os plans e o tratamento de residencias, fogares e centros de día en relación co Comité Asesor Sociosanitario
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 73, do 11.01.2021
 
Punto 6. Preguntas ao Goberno
6.1 8335 (11/PUP-000143)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Varela, Noa Susana e Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre as razóns da Xunta de Galicia para abandonar o Padroado da Fundación Sargadelos apenas un mes despois da súa entrada nel para impulsar a marca
 
6.2 7262 (11/POP-000908)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Gallego Sanromán, María Leticia e 3 máis
Sobre a partida orzamentaria relativa ás axudas para o pequeno e mediano comercio
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 73, do 11.01.2021
 
6.3 8334 (11/PUP-000142)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández Alfonzo, Ramón
Sobre os plans da Xunta de Galicia para evitar unha crise sen precedentes na comarca de Ferrol
 
6.4 8341 (11/PUP-000144)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 6 máis
Sobre as actuacións que está a levar a cabo a Xunta de Galicia para apoiar a actividade industrial na planta de Siemens-Gamesa nas Somozas
 
6.5 7171 (11/POP-000871)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández Gómez, Alexandra e Bará Torres, Xosé Luís
Sobre as políticas que vai pór en marcha a Xunta de Galicia para intervir sobre o parque de vivenda baleira
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 73, do 11.01.2021
  

6.6 7008 (11/POP-000826)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel e Díaz Varela, Noa Susana
Sobre o compromiso adquirido pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade para poñer en funcionamento un conservatorio profesional de música no concello de Begonte
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 73, do 11.01.2021
 

6.7 7478 (11/PUP-000096)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rodeiro Tato, Ovidio e 10 máis
Sobre as liñas de traballo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para impulsar e consolidar a investigación científica e universitaria en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 75, do 13.01.2021
 

6.8 7350 (11/POP-000949)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre a constitución inmediata dunha unidade especializada en xeriatría no hospital de Ourense
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 73, do 11.01.2021
  

6.9 7574 (11/PUP-000121)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Calvo Pouso, Diego e 7 máis
Sobre as continuas variacións do prezo da electricidade e as medidas que activou a Xunta de Galicia para apoiar as familias máis vulnerables
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 75, do 13.01.2021
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2021

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina