saltar ao contido

Acordos da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 3 de marzo de 2021

A  Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 3 de marzo de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 10110 (11/PNC-001047)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Arangüena Fernández, Pablo e dous/dúas máis
Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego tendentes a evitar o traslado do centro operativo de rede norte de Unión Fenosa Distribución a Madrid e calquera deslocalización por parte da empresa
BOPG n.º 91, do 10.02.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a que, en uso das súas competencias, sinaladamente as de política económica e industrial:
 
a) Adopte todas as medidas ao seu alcance para evitar o traslado do centro operativo de rede norte de Unión Fenosa Distribución a Madrid e calquera deslocalización máis por parte da empresa.
 
b) Obrigue a empresa, como primeiro subministrador eléctrico de Galicia, a garantir a calidade do seu subministro eléctrico en toda a Comunidade."
 
- 11283 (11/PNC-001155)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e sete máis
Sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para a conexión do polígono industrial de Balaídos e de Vigo á rede eléctrica de 220 quilovoltios. (Procedemento de urxencia)
BOPG n.º 100, do 23.02.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España, que o Ministerio para a Transición Ecolóxica rectifique e inclúa na Planificación de Rede Eléctrica de España para 2021- 2026 a construción dunha nova subestación para atender a demanda industrial de Balaídos e conectar a Vigo á rede de transporte de 220 kilovoltios, facilitando unha subministración eléctrica moderna con capacidade de ofrecer estabilidade ao servizo.”

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina