A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 12 de marzo de 2021, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación con modificacións
- 9478 (11/PNC-000987)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodeiro Tato, Ovidio e 14 máis
Sobre a redacción que presenta a Lei orgánica de modificación da Lei orgánica de educación no referido ao profesorado técnico de formación profesional. (Procedemento de urxencia)
BOPG n.º 88, do 03.02.2021
Sométese a votación separada por puntos:
Punto 1: resulta aprobado por 10 votos a favor, 2 votos en contra e 0 abstencións
Punto 2: resulta aprobado pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que traslade ao Ministerio de Educación e FP:
1.- O rexeitamento da Cámara galega ao recollido na LOMLOE respecto do profesorado técnico de FP, xa que se ten descuberto como un erro tanto para o futuro profesional destes docentes como para unha formación de calidade para o alumnado.
2.- A necesidade de negociar, no seo da Mesa estatal de Educación, una solución para o profesorado técnico de formación profesional afectado polas previsións incluídas na Lei de educación, dentro da nova Lei de formación profesional ou no futuro estatuto público docente."