A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 19 de maio de 2021, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 12167 (11/PNC-001244)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a demanda do Goberno galego ao Goberno central da realización das xestións necesarias ante a Comisión Europea para a consecución dunha efectiva reapertura da pesqueira da cigala
BOPG n.º 112, do 17.03.2021
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para actuar nas xestións que sexan necesarias ante a Comisión Europea para a consecución dunha efectiva reapertura da pesquería da cigala á maior brevidade posible”.