A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 1 de decembro de 2021, adoptou os seguintes
acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 24231 (11/PNC-002265)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 6 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España para que impulse ante a Comisión Europea a proposta de modificación do Real decreto de delimitación da zona de promoción económica para Galicia, co obxecto de incluír o naval entre os sectores promocionables conforme a normativa de axudas rexionais
BOPG n.º 224, do 10.11.2021
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que impulse e notifique ante a Comisión Europea a correspondente proposta de modificación do Real Decreto de delimitación da zona de promoción económica para Galicia, e así incluír o naval entre os sectores promocionables conforme á normativa de axudas rexionais. E, unha vez obtida a autorización da Comisión, aprobe o novo Real Decreto no que se faga constar ao sector naval como promocionable”
Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2021