A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 25 de xaneiro de 2022, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 18 de xaneiro de 2022, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Comparecencia
27664 (11/CPP-000070)
Do conselleiro de Sanidade, por petición propia, para informar sobre a evolución da pandemia da covid-19 e o seu impacto sobre a atención primaria
Punto 2. Mocións
2.1 26528 (11/MOC-000076)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Ortega Otero, Marina
Sobre a política da Xunta de Galicia respecto da atención temperá (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 25764, publicada no BOPG núm. 239, do 10 de decembro de 2021, e debatida na sesión plenaria do 21 de decembro de 2021)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 250, do 03.01.2022
2.2 26553 (11/MOC-000077)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Gómez, Alexandra
Sobre a política do Goberno galego en relación coa mobilización da bolsa de vivendas baleiras (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 1710, publicada no BOPG núm. 15, do 16 de setembro de 2021, e debatida na sesión plenaria do 21 de decembro de 2021)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 250, do 03.01.2022
2.3 26585 (11/MOC-000078)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana
Sobre a política da Xunta de Galicia respecto dos conflitos entre bateeiros e percebeiros (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 24985, publicada no BOPG núm. 232, do 24 de novembro de 2021, e debatida na sesión plenaria do 21 de decembro de 2021)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 250, do 03.01.2022
Punto 3. Proposicións non de lei
3.1 16686 (11/PNP-001627)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia para recuperar progresivamente a presencialidade na atención primaria
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 152, do 09.06.2021
3.2 22234 (11/PNP-002015)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 2 máis
Sobre as xestións que debe realizar a Xunta de Galicia para elaborar un plan de choque contra a sinistralidade laboral
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 206, do 29.09.2021
3.3 25826 (11/PNP-002334)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Lourenzo Sobral, Manuel Antonio e 2 máis
Sobre as medidas que debe tomar o Goberno galego ante o incremento de casos de covid-19 nos centros educativos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 239, do 10.12.2021
3.4 26163 (11/PNP-002371)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, Xosé Luís e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa actual situación da cadea de produción, obtención e comercialización da carne de vacún
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 246, do 22.12.2021
3.5 26596 (11/PNP-002394)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Verea Fraiz, Borja e 6 máis
Sobre a demanda pola Xunta de Galicia ao Goberno de España para que atenda a vontade manifestada tanto polo Parlamento de Galicia coma polo Congreso dos Deputados e amplíe o programa de apoio ao Xacobeo mediante a extensión das desgravacións fiscais ata o 31 de decembro de 2023
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 255, do 12.01.2022
3.6 26944 (11/PNP-002408)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 14 máis
Sobre a demanda por parte da Xunta de Galicia ao Goberno de España dun compromiso que garanta a reactivación da planta de Alcoa en San Cibrao
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 255, do 12.01.2022
Punto 4. Interpelacións
4.1 11407 (11/INT-000660)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre a política da Xunta de Galicia en relación coa crise industrial que asola Galicia
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 101, do 24.02.2021
4.2 21993 (11/INT-001173)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación coa licitación do contrato da planta de incineración de Sogama en Cerceda
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 202, do 22.09.2021
4.3 26939 (11/INT-001386)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Arangüena Fernández, Pablo e Castro Rey, Paloma
Sobre a política do Goberno galego respecto da publicidade de datos estatísticos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 255, do 12.01.2022
Punto 5. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
5.1 28058 (11/POPX-000053)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre o destino dos fondos europeos recibidos pola nosa Comunidade Autónoma en materia de emprego
5.2 28063 (11/POPX-000054)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana
Sobre as medidas que ten previsto adoptar para reforzar a atención primaria tendo en conta a súa situación de colapso
Punto 6. Preguntas ao Goberno
6.1 26306 (11/POP-003657)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma e 2 máis
Sobre a recuperación para o público do convento de Santa Clara, en Pontevedra
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 250, do 03.01.2022
6.2 27093 (11/POP-003891)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 3 máis
Sobre as irregularidades detectadas pola Xunta de Galicia na documentación presentada pola empresa no parque eólico dos Cotos, no concello de Cerdedo-Cotobade
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 255, do 12.01.2022
6.3 28032 (11/PUP-000227)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Lago, Noelia e 2 máis
Sobre a política da Xunta de Galicia en materia de desenvolvemento da industria e da enerxía eólica
6.4 26876 (11/POP-003837)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Freire Vázquez, María Begoña e 6 máis
Sobre a valoración por parte do Goberno galego do anteproxecto da futura lei de vivenda
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 255, do 12.01.2022
6.5 26923 (11/POP-003855)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodeiro Tato, Ovidio e 6 máis
Sobre a situación actual do procedemento para as oposicións no ensino galego
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 255, do 12.01.2022
6.6 28033 (11/PUP-000228)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 8 máis
Sobre a avaliación da Consellería de Emprego e Igualdade dos catro plans de rescate postos en marcha para mitigar os efectos da covid-19 no tecido produtivo de Galicia
6.7 27149 (11/POP-003922)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gallego Sanromán, María Leticia e 4 máis
Sobre as previsións do Servizo Galego de Saúde respecto dos catorce centros de saúde da área sanitaria de Vigo aos que se lles acaba de restrinxir a actividade das unidades de atención primaria
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 255, do 12.01.2022
6.8 28008 (11/PUP-000225)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Ríos Santomé, Paulo e Prado Cores, María Montserrat
Sobre as medidas que ten previsto adoptar a Xunta de Galicia para dotar á comarca do Morrazo dun servizo axeitado de emerxencias do 061
6.9 27085 (11/POP-003887)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 2 máis
Sobre a política do Goberno da Xunta de Galicia en relación coas familias monoparentais
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 255, do 12.01.2022
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2022
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente