3.3 35353 (11/MOC-000101)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat
Sobre a loita contra a endometriose (Moción consecuente á Interpelación doc. núm 34252, publicada no BOPG núm. 315, do 4 de maio de 2022 e debatida na sesión plenaria do 24 de maio de 2022)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 325, do 01.06.2022
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego, e en particular á Consellería de Sanidade, a:
1.- Que, antes de rematar a presente lexislatura, estean cumpridos na súa integridade os acordos acadados por unanimidade da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, nas sesións celebradas o 22 de abril de 2015 e o 18 de marzo de 2021 para a loita contra a endometriose, comprometendo partidas orzamentarias específicas nos orzamentos para levalos a termo.
2.- O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que, antes de rematar esta Lexislatura, se elabore unha guía galega de atención á endometriose, incluíndo na mesma: os datos sobre as características das consultas específicas de endometriose, os datos sobre o seu funcionamento, incluíndo o número de profesionais que as conforman, as pacientes atendidas, ... derivacións, formación impartida sobre a patoloxía e todos aqueles datos que poidan ser de interese”.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.