4.2 27682 (11/PNP-002442)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España para que defenda o sector do arrastre de fondo dos ataques que está a sufrir por parte da Comisión Europea
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 259, do 19.01.2022
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia acorda:
1º.- Reiterar o acordo aprobado por unanimidade na Comisión 8ª, de Pesca e Marisqueo, na sesión que tivo lugar o 6 de setembro de 2022 que só o seguinte:
<<O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España:
1.- Que rexeite publicamente os ataques que o sector de arrastre de fondo está a sufrir por parte da Comisión Europea.
2.- Que defensa da importancia deste sector no conxunto do sector pesqueiro e da economía marítima europea.
3.- Que solicite ao comisario de Medio Ambiente que teña en conta as opinións do sector e os datos cuantitativos da súa representación sobre o total da flora pesqueira europea>>.
2º.- Dirixirse á Xunta de Galicia co obxecto de que:
a.- Apoie tanto o imprescindible recurso do Goberno de España diante da decisión da Comisión Europea de vetar á pesca de fondo, como todas aquelas medidas legais que adopten as empresas armadoras pola súa conta.
b.- Reitere ao Goberno de España a urxente necesidade de solicitar á Comisión Europea que rectifique e anule o novo Regulamento UE 2022/1614 da Comisión, do 15 de setembro de 2022, polo que se determinan as zonas de pesca en augas fondas e se establece unha lista de zonas nas que se coñece a existencia de ecosistemas mariños vulnerables ou a posibilidade de que existan, que entrará en vigor a comezos de outubro deste ano”.
4.3 35461 (11/PNP-003144)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Gómez, Alexandra e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia e as que debe solicitar ao Goberno do Estado para garantir a función pública dos activos inmobiliarios de uso residencial en mans da Sareb
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 328, do 08.06.2022
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
-Demandar da SAREB, así como do Goberno do Estado, a información sobre o número de bens, o estado de conservación, a localización e evolución do parque inmobiliario en mans da SAREB no territorio galego.
-Elaborar un informe valorativo dos activos da SAREB en territorio galego que concrete unha proposta de selección dos activos a transferir ao IGVS, en base a criterios sociais.
-Solicitar ao Goberno do Estado a cesión inmediata ao IGVS daqueles activos inmobiliarios de uso residencial propiedade da SAREB que se atopen nun estado axeitado para tal uso e que se empracen en zonas onde exista demanda de vivenda, co fin de incrementar a oferta de alternativas habitacionais públicas e axilizar a resposta do Rexistro de Demandantes de Vivenda, sen prexuízo dos convenios que se poidan formalizar ao respecto cos concellos, en cumprimento do protocolo subscrito en febreiro 2021, entre o Ministerio de Transportes e SAREB.
-Co fin de evitar situacións de despexo, procurar a continuidade dos contratos vixentes, especialmente nos casos de rendas baixas e persoas vulnerables, ben a través de solicitar ao Goberno do Estado e á SAREB o mantemento e prórroga dos contratos de alugueiro existentes, ben mediante a solicitude de transferencia dos bens inmobles ao IGVS ou aos concellos e a subrogación dos contratos, para despois incorporalos á bolsa de vivenda pública.”
4.4 39622 (11/PNP-003384)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e Seco García, Martín
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia en relación coa prevención e extinción de incendios forestais
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 371, do 31.08.2022
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia ao cumprimento das recomendacións aprobadas do Parlamento de Galicia do Ditame da Comisión especial non permanente de estudio e análises das reformas da política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais e do Plan Forestal de Galicia".
4.5 39774 (11/PNP-003399)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia para axilizar e complementar a atención primaria co desenvolvemento das competencias do persoal de enfermaría
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 375, do 07.09.2022
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1. Continuar desenvolvendo a carteira de servizos para o persoal de enfermaría aprobada polo Consello Técnico de Atención Primaria mediante a elaboración de protocolos avanzados de enfermería que permitan aumentar ao máximo as competencias da enfermaría de atención primaria e faciliten que poida efectuar consultas de alta resolución.
2. Demandar ó Goberno de España que acelere o proceso de elaboración e publicación de normas que regulen a indicación, uso e autorización de dispensación de medicamentos e produtos sanitarios de uso humano por parte dos enfermeiros para os doentes con patoloxías crónicas”
Saúdos, Gabinete de Comunicación.