A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 4 de novembro de 2022, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 42999 (11/PNC-003781)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 13 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para conmemorar o centenario do pasamento de Manuel Murguía
BOPG n.º 401, do 26.10.2022
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que coordine xunto ás principais institucións académicas galegas, nomeadamente a Real Academia Galega, unha programación de actividades que difundan nos distintos ámbitos da sociedade os valores contidos na vida e obra de Manuel Murguía, así como o coñecemento da etapa histórica e circunstancias socio-culturais do seu tempo no centenario do seu pasamento."