saltar ao contido

O novo xeneral xefe da Garda Civil en Galicia visita o Parlamento

Santiago, 28 de novembro de 2022.-  O xeneral de brigada   da Garda Civil Miguel Ángel González Arias, recentemente nomeado como xefe da 15ª zona da Garda Civil-Comunidade Autónoma de Galicia, efectuou esta mañá unha visita institucional de presentación ao Parlamento de Galicia, onde foi recibido polo seu presidente, Miguel Ángel Santalices Vieira.

 

O presidente do Parlamento desexoulle éxito no desempeño desta responsabilidade e reiterou ao xeneral o profundo aprecio que a Garda Civil suscita entre a sociedade galega.

 

 

 

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina