saltar ao contido

Acordos da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 13 de decembro de 2022



A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 13 de decembro de 2022, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 39925 (11/PNC-003536)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis

Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ante o Goberno de España para que se reactive o sistema de información pública relativo aos datos de prezos do Observatorio de Prezos dos Alimentos, adscrito ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación

BOPG n.º 375, do 07.09.2022

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 2 votos en contra e 3 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar ao Goberno de España a que reactive o sistema de información pública relativo aos datos de prezos do Observatorio de Precios de los Alimentos adscrito ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación".

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 43415 (11/PNC-003820)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis

Sobre a reiteración do Acordo da Comisión 8ª, do 7 de xuño de 2022, sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno de España para poñer en marcha unha operación de traballo subacuático que permita localizar o  buque afundido "Villa de Pitanxo"

BOPG n.º 410, do 16.11.2022

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento de Galicia resolve:

 

1º- Reiterar o acordo aprobado por unanimidade na Comisión 8ª, de Pesca e Marisqueo, na sesión que tivo lugar o 7 de xuño de 2022 que di o seguinte:

 

O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España a posta en marcha dunha operación de traballo subacuático que permita localizar o pecio do buque "Villa de Pitanxo", descender ao esmo e elaborar un traballo fotográfico e audiovisual sobre o seu estado, así como a recoñecer os seus arredores e zona exterior do buque para verificar a posible localización de corpos dos tripulantes desaparecidos.

 

2º- Instar á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España có obxecto de que clarifique, con carácter de urxencia, as características e previsións respecto da posta en marcha da operación para a localización e observación directa do pecio afundido e asuma o compromiso de executala coa maior brevidade.



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina