saltar ao contido

Acordos da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 22 de decembro de 2022


A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 22 de decembro de 2022, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión


Aprobación por unanimidade sen modificacións


- 44140 (11/PNC-003877)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina

Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia en materia de saúde cardiovascular

BOPG n.º 416, do 02.12.2022

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:

 

1. Iniciar unha campaña de sensibilización sobre a importancia dos coidados para unha mellor saúde cardiovascular, e de alerta sobre a incidencia da insuficiencia cardíaca e as súas consecuencias na poboación de Galicia.

2. Reforzar o papel do persoal de atención primaria na detección precoz e continuidade asistencial sobre a insuficiencia cardíaca, coa dotación de recursos materiais e humanos precisos para fomentar esta labor.

3. Elaborar unha Estratexia Galega de loita contra a Insuficiencia Cardíaca, seguindo as indicacións do acordado no CISNS entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, que permita habilitar protocolos de actuación e deseños estratéxicos en prevención e tratamento de pacientes sobre insuficiencia cardíaca ao maior nivel asistencial posible."


Aprobación por unanimidade sen modificacións

- 44783 (11/PNC-003934)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para incluír a síndrome coronaria aguda na Axenda de prioridades sanitarias

BOPG n.º 420, do 14.12.2022

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.


O texto aprobado é o seguinte:​

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a levar a cabo as seguintes medidas:

1º.- Incluír a Síndrome Coronaria Aguda, primeira causa de morte entre as enfermidades cardiovasculares, na axenda de prioridades sanitarias da Xunta de Galicia, a través da definición e o desenvolvemento dun proceso asistencial integrado (PAI) e prevención secundaria en cada área sanitaria de Galicia.

2º.- Impulsar as ferramentas e os mecanismos necesarios de xestión que garantan:

a) A posta en marcha dunha e-interconsulta entre o médico de Atención Primaria e Cardioloxía, con resposta rápida.

b) Fixar consulta presencial de alta resolución con prioridade nos pacientes que se considere necesaria consulta presencial tras a e-interconsulta.

3º.- Continuar avanzando na implantación e posta en marcha de unidades de rehabilitación cardíaca.

4º.- Telemonitorizar, mediante ferramentas como o TELEA, a actividade e resultados en saúde daqueles doentes cardiópatas que estean inmersos nun programa de rehabilitación cardíaca".



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina