A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 3 de febreiro de 2023, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 46759 (11/PNC-004037)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Rodríguez, Raquel e 7 máis
Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno de España en relación coa mellora da comunicación das provincias de Lugo e de Ourense e destas coa Meseta
BOPG n.º 438, do 19.01.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que leve a cabo as seguintes iniciativas:
1º.- Acometa a reparación da N-120, de tal xeito que se avance na mellora integral da vía -incluída a implantación de terceiros carrís de adiantamento- e se reduzan os riscos para a seguridade viaria que presenta neste momento debido ao deterioro do seu firme e á falta de funcionalidade.
2º.- Actúe de xeito urxente nos treitos especialmente deteriorados e garanta, adoptando as medidas pertinentes, tanto o seu arranxo como a execución das tarefas de conservación e mantemento axeitadas, de tal xeito que se garantan as condicións de seguridade e vialidade na totalidade do seu percorrido.
3º.- Reactivar, tanto desde o punto de vista técnico como económico, as obras de construción e posta en servizo da A-76, como itinerario alternativo para a mellora da comunicación e vertebración das provincias de Lugo e de Ourense e destas coa Meseta."