A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 2 de marzo de 2023, adoptou o seguinte acordo:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 45293 (11/PNC-003976)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pardo López, Adrián e 7 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa difusión do traballo que está a realizar a Fundación Galicia Europa
BOPG n.º 428, do 28.12.2022
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 3 votos en contra e 2 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a seguir intensificando o coñecemento do traballo que está realizar a Fundación Galicia Europa para defender os intereses da sociedade galega e dos seus principais sectores produtivo."