4.1 32926 (11/PNP-002872)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto da aprobación do Plan de igualdade e da incorporación nel de medidas que garantan os dereitos de conciliación do persoal da Administración pública
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 303, do 05.04.2022
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento insta a Xunta de Galicia a aprobar de maneira inmediata o Plan de igualdade que lle esixe a lexislación vixente e a incorporar nel medidas encamiñadas a garantir os dereitos de conciliación do persoal da administración pública así como a promover a corresponsabilidade".
4.3 49298 (11/PNP-004067)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 7 máis
Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno do Estado para implantar todas as medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 454, do 15.02.2023
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno do Estado para:
• Revisar, pola vía de urxencia, a Lei Orgánica 10/2022, do 6 de setembro, de garantía integral de liberdade sexual, para que quen cometa delitos sexuais poida ter, canto antes, as mesmas penas que estaban en vigor ata setembro de 2022, e que se viron rebaixadas coa actual regulación.
• Promover, á maior brevidade posible, unha modificación do Título VIII do Código Penal que cumpra co Eixe 8 do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, conforme á lexislación e xurisprudencia vixente, e sen conculcar ningún dos dereitos fundamentais consagrados na nosa Constitución.
• Velar polo benestar das vítimas cuxos agresores foran excarcerados ou se lles rebaixara a pena como consecuencia da Lei Orgánica 10/2022, do 6 de setembro, de garantía integral de liberdade sexual, evitando a súa vitimización secundaria.
• Implantar todas e cada unha das medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero destinadas á sensibilización e concienciación sobre os delitos contra a liberdade e indemnidade sexual.
• Desenvolver todas e cada unha das medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero destinadas á protección, apoio, intervención e recuperación integral das vítimas dos delitos contra a liberdade e indemnidade sexual, especialmente, mulleres e nenas.
Así mesmo insta á Xunta de Galicia a:
• Enviar ao Parlamento de Galicia, antes de que finalice este período de sesións, un informe detallado de fiscalización dos Fondos do Pacto de Estado desde o seu inicio.
• Promover un programa específico de formación en materia de violencia sexual para todos os ámbitos profesionais que traballan na prevención e atención da violencia machista (ámbitos sanitarios, policiais, administrativos e xurídicos, educativos, administración local)".
4.4 49599 (11/PNP-004095)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 8 máis
Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno de España respecto da renovación da frota da liña ferroviaria de largo métrico que opera en Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 458, do 22.02.2023
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que adopte as seguintes iniciativas:
1º.- Que se cuantifique o retraso concreto que sufrirá a renovación da frota da liña ferroviaria de ancho métrico que opera en Galicia.
2º.- Que se outorgue a Galicia as mesmas medidas compensatorias anunciadas para Asturias e Cantabria para minimizar os prexuízos derivados do retraso na renovación dos trens da liña ferroviaria de ancho métrico que operan na nosa Comunidade e que aseguran aos usuarios a gratuidade do servizo, cando menos, ata 2026.
3º.- Que se garanta que na solución que se adopte os novos equipos cumpran cos requisitos de deseño interior, confort e moderna tecnoloxía inicialmente previstos, sen perda algunha das condicións de seguridade, eficiencia enerxética e accesibilidade
4º.- Que se impulse un Plan, coas características técnicas e os investimento precisos, para electrificar a totalidade da liña de ferrocarril de ancho métrico que opera en Galicia, nun prazo razoable de tempo, coas condicións que permitan un tráfico mixto de viaxeiros e mercadorías.
5º.- Que se acompañe a necesaria modernización do material rodante na liña de ancho métrico entre Ferrol e Ribadeo co incremento de frecuencias que permitan atender axeitadamente a demanda de mobilidade dos usuarios".
4.5 49967 (11/PNP-004116)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para poñer en marcha en Ferrol o polo de I+D en enerxías renovables e almacenamento
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 458, do 22.02.2023
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a iniciar inmediatamente a posta en marcha do polo de emprendemento de I+D en enerxías renovables e almacenamento en Ferrol, tal e como se tiña comprometido o expresidente Feijóo".
Saúdos, Gabinete de Comunicación.