saltar ao contido

Acordos da Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, celebrada o 20 de abril de 2023

A  Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, na súa sesión do 20 de abril de 2023, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 49431 (11/PNC-004212)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Fernández Alfonzo, Ramón e 2 máis

Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno do Estado en relación coa exención fiscal das compensacións económicas para as vítimas do amianto

BOPG n.º 454, do 15.02.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno do Estado que inclúa explicitamente na Lei 21/2022, de 19 de outubro, de creación dun fondo de compensación para as vítimas do amianto, a exención fiscal das compensacións económicas que o fondo resolva a favor das persoas beneficiarias."

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 52185 (11/PNC-004476)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Sanz Arias, Cristina e 13 máis

Sobre a convocatoria, por parte da Xunta de Galicia, dunha nova edición dos bonos Activa Comercio

BOPG n.º 478, do 05.04.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a convocar unha nova edición dos Bonos Activa Comercio para este ano 2023 e facer todo o necesario para que a súa  convocatoria teña lugar o antes posible."​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina