A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 21 de abril de 2023, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación con modificacións
- 46683 (11/PNC-004022)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 14 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para o desenvolvemento dunha enerxía eólica sostible na nosa comunidade
BOPG n.º 436, do 12.01.2023
Sométese a votación separada por puntos:
Punto 1: aprobado pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes
Puntos 2 e 3: aprobados por: 10 votos a favor, 2 votos en contra e 0 abstencións
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1º.- Seguir defendendo unha tramitación garantista e respectuosa co medio ambiente dos proxectos eólicos na nosa comunidade, que preserve o ámbito de competencias dos organismos sectoriais e que, polo tanto, continúe coa avaliación das afeccións que na biodiversidade, na seodiversidade, no patrimonio cultural, na paisaxe ou na saúde pública, entre outras, que estableza o órgano ambiental.
2º.- Solicitar ao Goberno de España que aplique a tramitación ambiental ordinaria aos proxectos eólicos de autorización ministerial para ofrecer as mesmas garantías que se esixen aos proxectos de tramitacións autonómica, reforzando as súas medidas de simplificación e axilización administrativa tal e como se está a facer en Galicia."
3º.- Demandar ao goberno de España a que retire, do Real Decreto Lei 20/2022, do 27 de decembro, e do Real Decreto 6/2022, do 29 de marzo, o procedemento express para a tramitación dos proxectos eólicos, ao non garantir o principio básico de protección do territorio e crear inseguridade xurídica ás administracións e aos promotores."