A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 20 de xuño de 2023, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 52031 (11/PNC-004460)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno de España respecto do Instituto Español de Oceanografía
BOPG n.º 478, do 05.04.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que se dirixa ao Goberno de España para que recupere o potencial do Instituto Español de Oceanografía (IEO) e o sanee, para sacalo da dramática situación económica na que se atopa. Alternativamente, se non se sente capacitado para manter e xestionar adecuadamente o IEO, o ceda a Galicia, previo saneamento, para potencialo."
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 53523 (11/PNC-004598)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a demanda que debe facer a Xunta de Galicia ao Goberno de España para que defenda ante a Comisión Europea o establecemento de normas que garantan a igualdade de condicións entre Tailandia e a Unión Europea e que eviten a competencia desleal
BOPG n.º 494, do 16.05.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que defenda ante a Comisión Europea:
1. A exclusión total do atún do Acordo de Libre Comercio con Tailandia e, por tanto, do proceso de liberalización arancelaria.
2. O establecemento de normas sólidas e equitativas que garantan a igualdade de condicións entre Tailandia e a Unión Europea que evite a competencia desleal."