saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 4 de xullo de 2023

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 4 de xullo de 2023, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

 

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 27 de xuño de 2023, a orde do día da sesión é a seguinte:

 

Punto 1.Texto Lexislativo
  
1.1

Debate e votación do Ditame, elaborado pola Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, do Proxecto de lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia (doc. núm. 53362, 11/PL-000022)

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 491, do 09.05.2023

Publicación do informe de Ponencia, BOPG n.º 512, do 23.06.2023

  
Punto 2.Comparecencia
  
2.154824 (11/CPP-000136)
 Do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, por petición propia, para informar das liñas de acción na área de deportes
  
Punto 3.Mocións
  
3.154977 (11/MOC-000167)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Varela, Noa Susana
 Sobre a loita contra a violencia machista. (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 54173, publicada no BOPG núm. 506 do 14 de xuño de 2023, e debatida na sesión plenaria do 27 de xuño de 2023)
  
3.254978 (11/MOC-000168)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat
 Sobre a planificación da atención sanitaria na época estival (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 54065, publicada no BOPG núm. 506 do 14 de xuño de 2023, e debatida na sesión plenaria do 27 de xuño de 2023)
  
3.354979 (11/MOC-000169)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Carreira Pazos, Iria
 Sobre as políticas para afrontar os delitos de odio e a fobia ao colectivo LGBT. (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 54234, publicada no BOPG núm. 506 do 14 de xuño de 2023, e debatida na sesión plenaria do 27 de xuño de 2023)
  
  
  
Punto 4.Proposicións non de lei
  
4.152462 (11/PNP-004346)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pérez Fernández, Rosana e 2 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para a recuperación das rías galegas e do marisqueo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 480, do 12.04.2023
  
4.252881 (11/PNP-004377)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández Gómez, Alexandra e 2 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para impulsar un plan galego para a mobilización da vivenda baleira
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 486, do 26.04.2023
  
4.354255 (11/PNP-004507)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Sanz Arias, Cristina e 6 máis
 Sobre a demanda que debe facer a Xunta de Galicia ao Goberno de España no que atinxe á planificación da rede de transporte eléctrica
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 506, do 14.06.2023
  
4.454422 (11/PNP-004516)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Varela, Noa Susana e 3 máis
 Sobre acordos que se propoñen para a súa adopción por parte do Parlamento de Galicia ante a apertura de dilixencias no xulgado contra varios directivos da CRTVG por acoso moral e laboral
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 510, do 21.06.2023
  
4.554478 (11/PNP-004524)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Seco García, Martín e Rodríguez Dacosta, María del Carmen
 Sobre a materialización por parte do Goberno galego das promesas de axudas directas aos produtores da indicación xeográfica protexida Ternera Gallega logo das súas mobilizacións do mes de abril de 2023
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 510, do 21.06.2023
  
4.654496 (11/PNP-004526)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis
 Sobre as medidas que a Xunta de Galicia debe demandarlle ao Goberno de España dirixidas a acabar cos déficits de persoal facultativo na especialidade de medicina familiar e comunitaria
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 510, do 21.06.2023
  
Punto 5.Interpelacións
  
5.15627 (11/INT-000381)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 2 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación co transporte público por estrada
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 52, do 25.11.2020
  
5.253835 (11/INT-002594)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Aira Díaz, María del Carmen e 2 máis
 Sobre a política de investigación para afrontar a seca derivada do cambio climático
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 499, do 31.05.2023
  
5.354463 (11/INT-002635)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina
 Sobre a política de recursos humanos no Servizo Galego de Saúde
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 510, do 21.06.2023
  
Punto 6.Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
  
6.154825 (11/POPX-000113)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel
 Sobre as actuacións estratéxicas do seu Goberno ata o final desta lexislatura
  
6.254829 (11/POPX-000114)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana
  Sobre a atención do Goberno galego aos retos que Galicia ten por diante
  
Punto 7.

Preguntas ao Goberno

 

7.153546 (11/POP-008229)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Dacosta, María del Carmen e Seco García, Martín
 Sobre a  situación administrativa dos axentes ambientais pertencentes ás consellarías do Medio Rural e de Medio Ambiente
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 494, do 16.05.2023

 

7.251347 (11/POP-007941)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Carreira Pazos, Iria e 2 máis
 Sobre a construción dunha central hidroeléctrica en Cornanda, no concello de Brión
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 471, do 22.03.2023

 

7.354347 (11/POP-008318)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis
 Sobre a situación en que se atopan os servizos e as infraestruturas ferroviarias en Galicia
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 510, do 21.06.2023

 

7.454813 (11/PUP-000349)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Arangüena Fernández, Pablo
 Sobre as medidas que vai adoptar a Xunta de Galicia ante a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anula a adxudicación de transporte escolar a Monbus
  
7.554241 (11/POP-008307)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Sanz Arias, Cristina e 6 máis
 Sobre a xestión que o Goberno de España está a realizar dos fondos europeos de recuperación no ámbito da industria
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 506, do 14.06.2023

 

7.654822 (11/PUP-000350)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pérez Fernández, Rosana
 Sobre o cumprimento da lexislación vixente no caso da mina de San Finx en Lousame
  
7.752215 (11/POP-008067)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Díaz Mouteira, María Sol e 6 máis
 Sobre o novo modelo de competencias profesionais docentes
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 478, do 05.04.2023

 

7.854629 (11/POP-008345)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana e 16 máis
 Sobre as previsións da Xunta de Galicia no que atinxe á cobertura dunha vacante no cadro de facultativos do Centro de Saúde de Lousame
 Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 510, do 21.06.2023

 

7.9

 

46095 (11/POP-006915)

 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Varela, Noa Susana e 3 máis
 Sobre as previsións do Goberno galego para dar cumprimento á Lei 5/2001, de impulso demográfico de Galicia, no que respecta ás familias monomarentais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 435, do 11.01.2023

 

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

 

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2023

 

 

Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina