4.3 53222 (11/PNP-004415)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Castro García, Daniel e Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago
Sobre as medidas que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para mellorar a situación das e dos emigrantes galegos en Suíza
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 489, do 03.05.2023
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a levar a cabo as seguintes medidas para mellorar a situación da emigración galega na Suíza:
1.- Realizar os trámites necesarios para que a CRTVG emita a través das súas canles dixitais con cobertura internacional programación infantil e xuvenil en galego.
2,- Permitir o acceso gratuíto á nosa sanidade pública a aqueles galegos e galegas retornadas que non tivesen cotizado nin en Galicia nin en España".
4.4 53851 (11/PNP-004462)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia, Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego e G.P. dos Socialistas de Galicia
Sobre a abordaxe por parte da Xunta de Galicia de diferentes medidas para afrontar o problema de saúde pública que representan a enfermidade renal crónica e a diabetes mellitus tipo 2
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 499, do 31.05.2023
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1º.- Promover campañas de información e sensibilización sobre a vinculación entre as complicacións médicas asociadas á enfermidade renal crónica (ERC) e a diabetes mellitus tipo 2 (DM2), para lograr unha maior prevención primaria desta enfermidade.
2º.- Desenvolver unha abordaxe temperá e multidisciplinar do paciente con DM2 e ERC en fases iniciais da patoloxía, tratando de atrasar que progresen a estadios avanzados da enfermidade e acaben requirindo diálise e/ou transplante.
3º.- Impulsar plans específicos con dotación económica, por medio dos que protocolizar a realización das probas descritas nas guías clínicas de manexo da ERC.
4º.- Asegurar que se garante acceso a toda a innovación que permita manexo adecuado dos pacientes con DM2 e ERC".
4.6 54166 (11/PNP-004495)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis
Sobre a demanda que debe facer a Xunta de Galicia ao Goberno de España para seguir impulsando o proxecto do corredor atlántico ferroviario, no que se integran as comunidades do noroeste peninsular
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 506, do 14.06.2023
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a reiterar ao Goberno de España a necesidade de convocar con carácter de urxencia unha xuntanza co Comisionado do Corredor Atlántico e as comunidades de Galicia, Asturias e Castela e León, co obxecto de avanzar nas actuacións e compromisos que se identificaron como prioritarios no desenvolvemento desta infraestrutura estratéxica".
4.7 54249 (11/PNP-004505)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Sanz Arias, Cristina e 6 máis
Sobre as demandas que debe facer a Xunta de Galicia ao Goberno de España respecto da xestión dos fondos europeos de recuperación
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 506, do 14.06.2023
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
Saúdos, Gabinete de Comunicación.