Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 53191 (11/PNC-004569)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a demanda que debe facer a Xunta de Galicia ao Goberno de España para que solicite á Comisión Europea que free a proposta de vetar a venda de aletas de tiburón na Unión Europea
BOPG n.º 489, do 03.05.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que se dirixa ao Goberno de España para que solicite á Comisión Europea, á Eurocámara e aos estados membros, que freen a proposta de vetar a venda de aletas de tiburón na Unión Europea, pois o seu obxectivo xa está acadado coa norma europea que obriga a pescar e desembarcar os exemplares coas aletas adheridas."
- 58547 (11/PNC-004894)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre as actuacións que a Xunta de Galicia debe reclamar ao Goberno do Estado co obxectivo de aumentar as posibilidades de pesca da sardiña ibérica
BOPG n.º 557, do 07.09.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a defender ante o Goberno de España a necesidade de aumentar as posibilidades de pesca de sardiña ibérica, atendendo á boa situación biolóxica desta especie. Con este fin adoptará, as seguintes medidas:
1º.- España e Portugal deberán revisar o plan de recuperación desta especie, acordando con Bruxelas a elevación das actuais cotas de pesca.
2º.- Para minimizar o impacto que na frota ten o peche desta pesqueira promoveranse intercambios ou cesións de cota de sardiña coa frota do golfo de Cádiz, ou a posibilidade de dedicarse a outras especies -como a xarda, o xurelo ou a anchoa,- en función dos intereses de cada armador ou da presenza destas nos caladoiros."
- 59645 (11/PNC-004971)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia e Torrado Quintela, Julio
Sobre a demanda á Xunta de Galicia da modificación da norma actual que regula as artes, os aparellos e os útiles para a extracción de recursos mariños vivos
BOPG n.º 565, do 20.09.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a que no menor prazo de tempo posible, e atendendo ao diálogo co sector, modifique o obsoleto Decreto polo que se regulan as artes, aparellos e útiles para a extracción de recursos mariños."