Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 58187 (11/PNC-004864)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 6 máis
Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia para que reclame do Goberno central un concurso de méritos na Policía Nacional que permita incrementar a dotación actual da Unidade de Policía Adscrita
BOPG n.º 552, do 30.08.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia Insta á Xunta de Galicia a solicitar do Goberno de España: Que por parte do Ministerio do Interior a través da Dirección General da Policía se articule un concurso de méritos na Policía Nacional que permita cubrir vacantes na Unidade de Policía Adscrita para incrementar a 500 os seus efectivos, de xeito que esta Unidade poida cumprir coas funcións que actualmente está prestando".