saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 4 de decembro de 2023

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 4 de decembro de 2023, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

 

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 28 de novembro de 2023, a orde do día da sesión é a seguinte:

 

Punto 1.Textos Lexislativos
  
1.1Debate e votación do Ditame, elaborado pola Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, sobre o Proxecto de lei de artesanía de Galicia (doc. núm. 53015, 11/PL-000021)
 Publicación Ditame da Comisión e mantemento de emendas e votos particulares, BOPG n.º 597, do 20.11.2023
  
1.2Debate de totalidade do Proxecto de lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia (doc. núm. 61134, 11/PL-000026)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 581, do 18.10.2023
 Publicación das emendas á totalidade, BOPG n.º 592, do 10.11.2023
  
1.3Debate de toma en consideración da Proposición de lei, para remitir ao Congreso dos Deputados, do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, orgánica de traspaso de funcións e servizos da Administración Xeral do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de ordenación e xestión do litoral (doc. núm. 61221, 11/PPLC-000010)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 582, do 19.10.2023
  
Punto 2.Comparecencias
  
2.162250 (11/CPP-000147)
 Da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, por petición propia, para informar das políticas da Xunta de Galicia en materia de ordenación do litoral
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 599, do 22.11.2023
  
2.262735 (11/CPP-000150)
 Do conselleiro do Medio Rural, por petición propia, para informar dos resultados do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia logo de finalizada a tempada de alto risco do 2023
  
Punto 3.Mocións
  
3.162605 (11/MOC-000185)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pérez Fernández, Rosana
 Sobre o estado da produtividade das rías galegas (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 61795, publicada no BOPG doc. núm. 591, do 8 de novembro de 2023, e debatida na sesión plenaria do 21 de novembro de 2023)
  
3.262612 (11/MOC-000186)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa
 Sobre o modelo de desenvolvemento do sector eólico en Galicia (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 58611, publicada no BOPG 557, do 7 de setembro de 2023, e debatida na sesión plenaria do 21 de novembro de 2023)
  
Punto 4.Proposicións non de lei
  
4.151734 (11/PNP-004288)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Ríos Santomé, Paulo e Bará Torres, Xosé Luís
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para rematar cos incumprimentos e coas irregularidades nos contratos do servizo público de transportes por estrada
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 474, do 29.03.2023
  
4.261626 (11/PNP-004986)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 2 máis
 Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego co fin de que revise, á vista das recomendacións do Consello de Contas, a renegociación dos acordos coas empresas concesionarias das autovías do Salnés, da Barbanza e de Celanova
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 591, do 08.11.2023
  
4.361895 (11/PNP-005013)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
 Sobre as medidas que a Xunta de Galicia debe demandar ao Goberno central referidas ao apoio ás empresas do sector de transformación da pesca
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 595, do 15.11.2023
  
4.461951 (11/PNP-005020)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Otero Rodríguez, Patricia e Ojea Arias, Eduardo
 Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co fin de que volva ao diálogo co Goberno central para atopar vías, dentro do marco xurídico, que conduzan á transferencia da competencia sobre ordenación e xestión do litoral de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 595, do 15.11.2023
  
4.562148 (11/PNP-005038)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Caballero Miguez, Gonzalo e 2 máis
 Sobre a demanda ao Goberno galego das accións necesarias para garantir a continuidade da oferta formativa do campus universitario de Lugo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 599, do 22.11.2023
  
4.662378 (11/PNP-005063)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis
 Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central en materia de desenvolvemento do transporte ferroviario en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 599, do 22.11.2023
  
Punto 5.Interpelacións
  
5.153269 (11/INT-002559)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández Gómez, Alexandra e Bará Torres, Xosé Luís
 Sobre a declaración, no que atinxe ao mercado da vivenda, das áreas de mercado tensionado
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 492, do 10.05.2023
  
5.256484 (11/INT-002673)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 2 máis
 Sobre a política do Goberno galego en materia de I+D+i
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 539, do 07.08.2023
  
5.361714 (11/INT-002857)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Otero Lago, Noelia e 3 máis
 Sobre a situación laboral e económica da mocidade en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 591, do 08.11.2023
  
5.462064 (11/INT-002872)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Otero Rodríguez, Patricia e Ojea Arias, Eduardo
 Sobre a eficiencia da colaboración público-privada na execución e explotación de infraestruturas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 595, do 15.11.2023
  
Punto 6.Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
  
6.162722 (11/POPX-000125)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel
 Sobre as respostas que ten a Xunta de Galicia para optimizar o aproveitamento do potencial enerxético de Galicia
  
6.262723 (11/POPX-000126)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana
 Sobre a valoración que fai da eficacia da súa política sanitaria como salvagarda da saúde das galegas e dos galegos
  
Punto 7.

Preguntas ao Goberno

 

7.1               56387 (11/POP-008674)

                    Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

                    Díaz Varela, Noa Susana e 2 máis

Sobre as previsións da Xunta de Galicia de aceptar a cesión do Concello de Santiago de Compostela dunha parcela para a construción dun novo aparcadoiro para o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

                     Publicación da iniciativa, BOPG n.º 540, do 08.08.2023

 

7.2               56994 (11/POP-008898)

                    Grupo Parlamentario Popular de Galicia

                    Amigo Díaz, María Encarnación e 9 máis

Sobre a situación na que se atopan as distintas actuacións de construción e reforma previstas pola Xunta nas infraestruturas sanitarias de atención primaria da cidade de Lugo

                    Publicación da iniciativa, BOPG n.º 544, do 14.08.2023

 

7.3               62719 (11/PUP-000379)

                    Grupo Parlamentario Popular de Galicia

                    Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis

Sobre as declaracións do novo ministro de Transportes e Mobilidade Sostible en relación coa chegada da alta velocidade a Galicia

 

7.4               62285 (11/POP-009694)

                    Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

                    Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis

Sobre a capacidade do Goberno galego para controlar a xestión da riqueza natural nos proxectos que impulse a nova sociedade público-privada Recursos de Galicia

                    Publicación da iniciativa, BOPG n.º 600, do 23.11.2023

                   

7.5               61286 (11/POP-009550)

                    Grupo Parlamentario Popular de Galicia

                    Arias Rodríguez, Raquel e 6 máis

Sobre a valoración que fai o Goberno galego da primeira convocatoria de axudas económicas directas ás persoas diagnosticadas con esclerose lateral amiotrófica (ELA)

                    Publicación da iniciativa, BOPG n.º 585, do 25.10.2023

 

7.6               62323 (11/POP-009699)

                    Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

                    Fernández Gómez, Alexandra e 2 máis

Sobre a cobertura das baixas do persoal médico do Centro de Saúde de Pazos de Borbén

                    Publicación da iniciativa, BOPG n.º 600, do 23.11.2023

 

7.7               62703 (11/PUP-000377)

                    Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

                    Castro García, Daniel

Sobre a dotación profesional na atención primaria da comarca da Mariña luguesa para garantir unha sanidade de calidade

                   

7.8               62707 (11/PUP-000378)

                    Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

                    Otero Rodríguez, Patricia

Sobre a situación da atención primaria sanitaria na comarca da Mariña luguesa

                   

7.9               62279 (11/POP-009692)

                    Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

                    Rodil Fernández, Olalla e 3 máis

Sobre a postura da Xunta de Galicia no marco do conflito laboral do sector das traballadoras da limpeza da provincia de Lugo

                    Publicación da iniciativa, BOPG n.º 600, do 23.11.2023

 

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

 

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2023

 

 

 

 

 

 

 

Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina