A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 4 de xuño de 2024, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 688 (12/PNC-000057)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Lorenzo Gómez, Rubén e 8 máis
Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe facer ao Ministerio de Cultura en relación co proxecto da biblioteca pública do Estado en Vigo
BOPG n.º 9f2, do 11.04.2024
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1.- Manter o seu apoio ao proxecto da Biblioteca Pública do Estado en Vigo.
2.- Solicitar ao Ministerio de Cultura informacion sobre a situación actual do proxecto da Biblioteca Pública do Estado en Vigo, os prazos temporais e as previsión orzamentarias de cara os futuros orzamentos xerais do Estado; así como solicitar que se axilicen os trámites para a construción do edificio da futura biblioteca."
- 3929 (12/PNC-000490)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Abalde Alonso, Julio Ernesto e 2 máis
Sobre a demanda ao Goberno galego do aumento da capacidade do IES Eduardo Pondal, de Ponteceso, para ofrecer máis prazas dentro do ciclo de Formación Profesional da rama de automoción
BOPG n.º 28f1, do 22.05.2024
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a aumentar a oferta de prazas vinculadas á familia de Transporte e Mantemento de Vehículos no curso 2024/25 no IES Eduardo Pondal de Ponteceso atendendo ás necesidades do territorio e do sector produtivo da zona, adecuando os recursos materiais e humanos".