saltar ao contido

Santalices destaca o compromiso da Coral Ruada coa conservación e difusión da lingua e a cultura galegas

Santalices destaca o compromiso da Coral Ruada coa conservación e difusión da lingua e a cultura galegas

 

  • Asistiu á entrega do Premio Otero Pedrayo 2024 concedida á unha das agrupacións culturais máis antigas de Galicia

 

 

 

Santiago, 10 de decembro de 2024.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, destacou hoxe, na entrega do  Premio Otero Pedrayo 2024 á Coral Ruada, o seu compromiso coa conservación e difusión da lingua e a cultura galegas.

 

No acto celebrado hoxe no IES Ramón Otero Pedrayo de Ourense, o xefe do Lexislativo autonómico felicitou aos membros desta asociación cultural, unha das máis antigas de Galicia, “por ter levado con orgullo o nome de Ourense por todo o mundo cun espectáculo polifacético", e agradeceulles o seu traballo a prol de recuperar e manter a memoria musical galega.

​ 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina