Deputados e persoal do Parlamento reciben formación en reanimación cardiopulmonar
Santiago, 17 de marzo de 2025.- Deputadas, deputados e persoal do Parlamento de Galicia iniciaron hoxe os cursos de formación teórica e práctica sobre reanimación cardiopulmonar que serán impartidos por membros do Servizo de Cardioloxía da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.
As xornadas que incluirán, entre outras materias, formación en técnica de RCP (Reanimación Cardiopulmonar), maniobra de Heimlich ou manexo de desfibriladores, foron presentadas hoxe polo presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño e o xefe de servizo de Cardioloxía e catedrático José Ramón González Juanatey.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.