Santiago, 27 de marzo de 2012.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibiu este mediodía no seu despacho a un grupo de 56 alumnos de 6º de Primaria do Colexio SEK-Atlántico Pontevedra, que visitaron a Cámara no marco do programa de visitas escolares da institución.
Pilar Rojo explicoulles o funcionamento do Parlamento de Galicia e respondeu a diferentes preguntas formuladas polos escolares.
Durante a visita, os estudantes, acompañados por dous profesores, tiveron ocasión de asistir, desde a tribuna de convidados do Hemiciclo, a unha parte do Pleno da Cámara iniciado esta mañá.