10/12/2024
Santalices destaca o compromiso da Coral Ruada coa conservación e difusión da lingua e a cultura galegas
Santiago, 10 de decembro de 2024.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, destacou hoxe, na entrega do Premio Otero Pedrayo 2024 á Coral Ruada, o seu compromiso coa conservación e difusión da lingua e a cultura galegas.
No acto celebrado hoxe no IES Ramón Otero Pedrayo de Ourense, o xefe do Lexislativo autonómico felicitou aos membros desta asociación cultural, unha das máis antigas de Galicia, “por ter levado con orgullo o nome de Ourense por todo o mundo cun espectáculo polifacético", e agradeceulles o seu traballo a prol de recuperar e manter a memoria musical galega.