saltar ao contido

A presidenta do Parlamento recibe da secretaria xeral da Igualdade o Informe de violencia de xénero de 2014

O informe será presentado na Cámara en datas próximas.
<p class='clearfix'></p>

Igualdade 16/03/2015

Santiago, 16 de marzo de 2015.-  A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibiu esta mañá á secretaria xeral de Igualdade da Xunta, Susana López Abella, que lle fixo entrega do Informe anual de seguimento da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, correspondente ao ano 2014.
 
A secretaria xeral presentará o informe na Cámara en datas próximas.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina