saltar ao contido

Santalices traslada o seu apoio aos programas de integración que promove a Fundación Secretariado Xitano no día internacional dedicado a este pobo

Reunión 08/04/2016

Santiago, 8 de abril de 2016.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, mantivo este mediodía unha xuntanza coa directora territorial da Fundación Secretariado Xitano de Galicia, Eva Vera Ledo, e con outros responsables desta entidade.

No encontro, os representantes da Fundación Secretariado Xitano explicaron ao presidente do Parlamento as diferentes programas de traballo que desenvolven , así como a súa proposta para divulgar a historia do pobo xitano.

O presidente do Parlamento trasladou o seu apoio aos programas de integración do pobo xitano, tanto os impulsados por esta Fundación, como os de outro tipo.

O encontro tivo lugar coincidindo co celebración do Día Internacional do Pobo Xitano, que conmemora a celebración do primeiro congreso mundial romaní/xitano, celebrado en Londres o 8 de abril de 1971.
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina