• O presidente da Cámara, Miguel Santalices, fai votos polo fortalecemento das relación bilaterais
Santiago, 7 de novembro de 2017.- O embaixador do Ecuador en España, Cristóbal Roldán Cobo, efectuou hoxe unha visita institucional ao Parlamento de Galicia, onde se entrevistou co titular da institución, Miguel Ángel Santalices Vieira.
Durante a entrevista, Santalices Vieira interesouse pola realidade de Ecuador, fixo votos polo fortalecemento das relacións bilaterais e desexou ao diplomático ecuatoriano unha xestión exitosa á fronte da Embaixada do seu país en España.
O embaixador de Ecuador asinou no Libro de Ouro do Parlamento de Galicia e, xunto cos seus acompañantes, tivo ocasión de coñecer a sede da Cámara galega.
O diplomático acudiu acompañado por Christian Espinosa Andrade, conselleiro da Embaixada, e por Adriano Marques de Magallanes e Alejandro Marques de Magallanes, cónsul xeral e cónsul Ad-honorem de Ecuador en Vigo, respectivamente.