saltar ao contido

Un grupo de cónsules acreditados en Galicia visitan o Parlamento

Visita 13/03/2018

Santiago,  13 de marzo de 2018.- Un grupo de cónsules acreditados en Galicia visitaron este mediodía do Parlamento de Galicia, onde foron recibidos polo titular da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, ademais de efectuar unha visita guiada ao Pazo do Hórreo.
 
A delegación estaba integrada polas consulesas xerais da República Arxentina e da República Oriental de Uruguai; o cónsul honorario de Cabo Verde e decano do corpo consular da Coruña e o seu adxunto; o cónsul honorario de Dinamarca e decano do corpo consular de Vigo; e os cónsules honorarios da República Dominicana, Brasil, Estonia, Grecia, Paraguai, Chile e Filipinas.
 
Durante o encontro, o presidente do Parlamento explicoulles o funcionamento da Cámara e respondeu ás cuestións formuladas polos integrantes da delegación. A visita rematou no Salón de Plenos, logo dunha visita ás principais dependencias do Pazo do Hórreo.
 
Santalices Vieira explicou que “sempre é un pracer explicar o funcionamento do Parlamento e amosar a sede da institución  ás nosas visitas”, como sucedeu hoxe “na procura dunha maior proxección para a Cámara galega”.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina