Santiago, 23 de marzo de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, asistiu este mediodía ao acto no que o presidente da Xunta entregou ao Rei Don Juan Carlos I o título de Embaixador de Honra do Camiño de Santiago. O acto celebrouse na capela real do Hostal dos Reis Católicos e contou coa asistencia das principais autoridades de Galicia.