saltar ao contido

O presidente do TSXG efectúa unha visita protocolaria ao Parlamento de Galicia

Visita protocolaria 07/10/2019

 
 
Santiago, 7 de outubro de 2019.- O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. José María Gómez y Díaz-Castroverde, efectuou esta mañá unha visita protocolaria ao Parlamento de Galicia, onde foi recibido polo titular do Lexislativo, Miguel Ángel Santalices Vieira.
 
A visita institucional enmárcase na rolda de contactos posteriores á súa toma de posesión como presidente do TSXG. Santalices Vieira trasladoulle os seus desexos de éxito á fronte do alto tribunal galego.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina