Santiago, 19 de decembro de 2019.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, exercerá como delegado rexio na Ofrenda da Translación do Apóstolo Santiago, instaurada en 1646, durante o reinado de Felipe IV, e que se celebrada o 30 de decembro de cada ano.
Nesa cerimonia litúrxica conmemórase a translación do corpo do Apóstolo Santiago desde o porto de Haifa ata o de Iria Flavia.
O xefe da Casa de S.M. o Rei, Jaime Alfonsín, vén de comunicar ao presidente do Parlamento a designación efectuada por Felipe VI. A cerimonia celebrarase o vindeiro 30 de decembro na Igrexa de San Francisco debido ás obras de restauración da Catedral de Santiago.
O presidente do Parlamento amosou o seu agradecemento ao monarca pola designación e afirmou sentirse “honrado” por ter ocasión de volver ostentar tal representación.
Santalices Vieira exerceu como delegado rexio na Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago (a que se celebra cada 25 de xullo) nos anos 2016 e 2018, ao tempo que presentou a Ofrenda da Translación de 2017 e 2018.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.