25N 23/11/2020
O pasado domingo 22 de novembro, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participou na VIII Andaina contra a Violencia de Xénero “Camiño ao respecto”. A camiñada, celebrada co gallo do 25 de novembro, Día internacional contra a violencia de xénero, saíu desde o Monte do Gozo e finalizou na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela.