saltar ao contido

O Parlamento de Galicia declara loito oficial polo falecemento da deputada Isaura Abeleiras

Loito oficial 03/06/2021

Santiago, 3 de xuño de 2021.- O Parlamento de  Galicia acordou  declarar loito oficial polo falecemento da deputada Isaura Abeleiras Rodríguez, acontecido a pasada madrugada en Vigo. As bandeiras ondean a media hasta no Pazo do Hórreo como sinal de pesar polo falecemento da deputada.
 
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, que esta tarde (arredor das 18:00 horas) se trasladará á capela ardente da deputada para expresar as súas condolencias a familia e amizades da falecida, manifestou o seu pesar  polo pasamento. A primeira hora da mañá Santalices contactou coa familia da falecida para poñerse á súa disposición para o que poidan precisar.
 
Destaca Santalices a enteireza coa que a deputada agora falecida enfrontou a enfermidade e a naturalidade coa que describía o proceso vital no que se atopaba inmersa. Ao tempo, puxo en valor a carreira política de Abeleiras Rodríguez, da que destacou a súa coherencia  e vocación de servizo aos demais.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina