saltar ao contido

Mozos portugueses visitan o Parlamento de Galicia coincidindo coa celebración do Día de Europa

DiadeEuropa 09/05/2022

 Participan no proxecto de cooperación transfronteiriza “Jxuventude”, impulsado polos municipios de Ponte da Barca e Lobios

Santiago, 9 de maio de 2022.- Unha trintena de mozas e mozos portugueses, participantes no programa “Jxuventude”, impulsado polos municipios de Ponte da Barca (Portugal) e Lobios (Ourense) para incentivar a cooperación transfronteiriza, visitaron este luns o Parlamento de Galicia coincidindo coa celebración do Día de Europa.
 
Ademais de efectuar unha visita guiada ao Pazo do Hórreo, o grupo foi recibido polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Veira, que subliñou os vínculos históricos, xeográficos e culturais que unen Galicia e Portugal, vínculos acrecentados  coa integración europea.
 
O grupo acudiu acompañado polo concelleiro de Xuventude de Ponte da Barca, José Alfredo Oliveira.

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina