saltar ao contido

Constituída a XII Lexislatura do Parlamento de Galicia

20/03/2024

O Parlamento de Galicia celebrou esta mañá a sesión constitutiva da XII Lexislatura da Cámara. O acto comezou coa constitución da Mesa da Idade, a elección da Mesa da Cámara para a Lexislatura que comeza e a prestación e promesa ou xuramento, por parte de todos os deputados e deputadas, de acatar e gardar fidelidade á Constitución Española e ao Estatuto de Autonomía de Galicia.

 

A composición da Mesa do Parlamento de Galicia é a seguinte:

 

Presidencia:               Miguel Ángel Santalices Vieira

Vicepresidencia 1ª:   María Elena Candia López

Vicepresidencia 2ª:   María Montserrat Prado Cores

Secretaría:                 Ethel María Vázquez Mourelle

Vicesecretaría:          Patricia Iglesias  Rey 

 

 

Antes de rematar o acto, o presidente da Cámara da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, reiterou o seu cariño á institución parlamentaria  e fixo un chamamento á altura de miras de deputadas e deputados.

 

Santalices amosou o seu desexo de que o conxunto de deputadas e deputadas logren, nesta Lexislatura, “estar á altura da confianza" que lles foi outorgada pola cidadanía nas urnas e compartiu unha arela: “a paz; acabar coas guerras, que só traen sufrimento e descalabro".

 

 

 

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación. ​​​


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina