20/03/2024
Santiago, 20 de marzo de 2024.- O Parlamento de Galicia gardou este mediodía un minuto de silencio como sinal de repulsa contra a violencia machista logo do asasinato, na tarde de onte, dunha muller de 25 anos en Palmeira (Ribeira).
A concentración foi encabezada polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, e contou coa participación de integrantes da Mesa, portavoces, deputadas e deputados, a valedora do Pobo, os presidentes do Consello de Contas e do Consello Económico e Social e persoal da institución lexislativa.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.