22/04/2024
Santiago, 22 de abril de 2024.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu esta mañá no seu despacho da Cámara á consulesa da República Arxentina en Vigo, Silvina Isabel Montenegro.
Durante a reunión, Santalices interesouse pola situación da colonia arxentina asentada en Galicia, así como pola colectividade galega residente no país austral. “Arxentinos e galegos compartimos lazos históricos, culturais e de sangue que nos converten en irmáns a todos os efectos", subliñou Santalices.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.