saltar ao contido

A conselleira de Medio Ambiente da Xunta entrega ao Parlamento o Informe de seguimento dos obxectivos da Axenda 2030

04/06/2024

Santiago, 4 de xuño de 2024.- A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta, Ángeles Vázquez Mejuto, entregou esta mañá ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, o Informe de seguimento dos obxectivos da Axenda 2030.

Este informe foi elaborado en cumprimento do Decreto 142/2019,  do 31 de outubro, polo que se crea a Comisión Interdepartamental para o seguimento da Axenda 2030 en Galicia.

Entre outras funcións, a Comisión interdepartamental para o seguimento da Axenda 2030 ten encomendada a realización dun informe de seguimento sobre o progreso no cumprimento dos obxectivos e metas fixados na Axenda 2030, que debe presentarse ante o Parlamento de Galicia cada dous anos.​


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina