saltar ao contido

E ti, vés ao Parlamento?

Compartir Compartir

Información das normas de visitas debido o coronavirus.

Co fin de compatibilizar a realización das visitas ao Parlamento de Galicia coas necesarias garantías de seguridade para o persoal que traballa na institución e todas as persoas visitantes, en cumprimento das recomendacións das autoridades sanitarias establecéronse unha serie de medidas en relación á Covid-19.

As visitas concederanse sempre en función da situación sanitaria do momento seguindo as medidas de seguridade e protección establecidas polas autoridades sanitarias para impedir a transmisión da Covid-19.

O Parlamento de Galicia abre as súas portas a todas aquelas persoas que queiran coñecer a organización e as funcións da cámara lexislativa galega e aprender sobre elas e sobre a historia da súa sede, o Pazo do Hórreo.

Video de presentacion de E ti, vés ao Parlamento?

Os cidadáns e cidadás interesados en visitar a institución poden facelo participando nas nosas visitas guiadas para grupos ou particulares con reserva previa ou durante o día de portas abertas.

E ti, vés ao Parlamento? Elixe a túa modalidade de visita.

Ven visitarnos

Visitas guiadas para grupos ou particulares con reserva previa.

Máis información

Visitas limitadas a un máximo de 20 asistentes.

Día de portas abertas

Video en lingua de signos do dia de portas abertas

Visitas guiadas con cita previa todos os luns ás 10:00, 12:00 e 16:30, agás días festivos e xornadas concretas por actos parlamentarios e institucionais.

* O día da visita deberán presentar o documento acreditativo de identidade.

Avisos

31/08/2021 Agosto: visitas suspendidas ata o mes de setembro.

Coñécenos a traves da web

Pode ver o video divulgativo sobre o Parlamento de Galicia:

Coñécenos

Tamén pode realizar unha visita virtual ao Parlamento de Galicia sen saír da casa.

saltar ao pe de páxina