saltar ao contido

Noticia

Logotipo do Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Feijóo: “O compromiso do goberno de crear 30.000 postos de traballo en 2008 tradúcese en 15.000 desempregados máis”

PARO 03/10/2008


• Cos últimos datos económicos da comunidade queda claro que “o plus de resistencia de Touriño non existe”
Santiago, 2 de outubro de 2008.- O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, lamentou hoxe os últimos datos publicados sobre o paro en Galicia, cun incremento no último mes de setembro de 4.397 persoas e 15.874 novos desempregados no que vai de ano.
Nunha rolda de presa celebrada ao remate do Comité de dirección, Feijóo recordou que o compromiso do Goberno bipartito de crear 30.000 novos postos no 2008 “tradúcese en 15.000 parados máis”  polo que Galicia “non crea emprego, senón que o destrúe”.
Neste sentido, o presidente galego destacou que cos últimos datos “queda claro que o plus de resistencia do que fala o presidente Touriño simplemente non existe”. Desde xeito, o desemprego “volve a formar parte da vida cotidiana dos galegos e galegas, mentres que a situación de dificultade para as familias crece mes a mes”, puntualizou.
MALOS DATOS, TAMÉN PARA ESPAÑA
O presidente do PPdeG explicou que a situación non só é complicada para Galicia, senón tamén para o resto do país. Desde xeito, España é xa o Estado da Unión Europea cunha maior tasa de desemprego.

“Mentres outros países europeos suben unhas décimas as súas cifras, España é o país da Unión co maior desplome”, Sinalou Feijóo.  Deste xeito, o presidente galego destacou que no 2009 serán necesarios máis de 20.000 millóns de euros para cubrir os gastos de desemprego derivados desta situación.
saltar ao pe de páxina