saltar ao contido

Noticia

Logotipo do Grupo Parlamentario Popular de Galicia

O PPdeG EXPRESA A SÚA CONSTERNACIÓN POLO NAUFRAXIO DO ARRASTREIRO CORDERO

NAUFRAXIO CORDERO 15/01/2008

Santiago, 15 de xaneiro de 2008.- O Partido Popular de Galicia expresa a súa consternación polo naufraxio do arrastreiro Cordero, rexistrado a pasada madrugada,  e traslada a súa solidariedade aos familiares e amigos dos tripulantes.
O portavoz parlamentario do PPdeG, Manuel Ruiz Rivas, trasladouse á Coruña esta mañá ao ter coñecemento do suceso para interesarse polo estado dos tres tripulantes que foron rescatados con vida e poñerse a disposición do armador do barco sinistrado.
Ruiz Rivas estivo acompañado polo tamén deputado e portavoz do PPdeG no Concello da Coruña, Carlos Negreira, e polo alcalde de Ribeira, José Luis Torres Colomer.
saltar ao pe de páxina