Santiago, 3 de outubro de 2013.- O fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, entregou este mediodía á presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, a Memoria Anual da Fiscalía correspondente ao exercicio de 2012.
Coa entrega da Memoria Anual de 2012 da Fiscalía da Comunidade Autónoma de Galicia dase cumprimento ao artigo 11.2 do Estatuto Orgánico do Ministerio Fiscal. O trámite de hoxe terá continuidade, no seu día, cunha comparecencia do fiscal xeral de Galicia na Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, do Parlamento de Galicia.