saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 30 de outubro de 2013

5.4 12163 (09/PNP-000893)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez González, Román e 6 máis
Sobre as actuacións que se deben levar a cabo para impulsar a rede de viveiros de empresas dentro dos centros educativos de Formación Profesional
Publicación da iniciativa, BOPG nº 162, do 18.09.2013
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a continuar de xeito progresivo coa implantación de novas iniciativas e de novos viveiros de Empresas dentro dos CIFP e daqueles IES de referencia a fin de favorecer o emprendemento entre o alumnado dos ciclos formativos e a creación de emprego».
 
5.6 13120 (09/PNP-000942)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez González, Román e 6 máis
Sobre a solicitude ao Goberno central da harmonización da lexislación estatal en materia catastral e urbanística, no referido á definición dos solos de natureza urbana e rústica
Publicación da iniciativa, BOPG nº 175, do 09.10.2013
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España coa finalidade de solicitar a harmonización entre a lexislación do Estado en materia catastral e urbanística na definición dos solos de natureza urbana e rústica».
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do  Parlamento de Galicia.
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina